21 ene 2023

SER SÓCIO/A DA AWG


2023...SER SÓCIO/A DA ASOCIAZÓN WAGNERIANA DA GALIZA, UNHA AVENTURA SEN LÍMITES, ANIMA-TE E VERÁS... / SER SOCIO/A DE LA ASOCIACIÓN WAGNERIANA DE GALICIA, UNA AVENTURA SIN LÍMITES, ANÍMATE Y VERÁS...




Todo serán vantaxes / Todo serán ventajas:
1. Disfrutar de R. Wagner e similares, informado e na compaña de bos amigos. Teremos-te ao dia de todo evento nacional e internacional. Podemos posibilitar entradas a Bayreuth, xa que logo pertencemos á RWVI (Richard Wagner Verband International).

2. Alcanzar unha boa formazón musical e cultural do mundo wagneriano, pondo ao teu dispor unha fonoteca, biblioteca e videoteca das obras principais do compositor e a sua escola.

3. Subscrizón á revista CRÓNICAS WAGNERIANAS e Suplemento informativo HUGIN & MUNIN.


4. A AWG pertence aos "Amigos da Orquestra Sinfónica de Galicia", daí beneficios para sócios/as en: visitas, charlas, facilitazón de entradas, acceso ao arquivo da OSG, asisténcia a ensaios xerais no Palácio da Ópera entre outras vantaxes.

5. Independientemente do comentado, os sócios/as temos desconto dun 20% sobre todos os concertos, Óperas e Wagner organizados na Coruña pola Orquestra Sinfónica de Galicia. (Só cumpre apresentar o carné de sócio nas oficinas da OSG en horário laboral de 8'30 a 14'30, prévio aos concertos)

6. Turismo cultural e operístico con descontos dun 20-25% (variábel) para sócios/as nas ofertas de ópera internacional (representazóns, viaxe integral con aloxamento e guias programadas) da empresa SonStellae (info@sonstellae.com) tanto das obras de Wagner como doutros compositores.

7. Un carné próprio e insígnia da AWG.

8. Un presente de ben-vinda. A cámbio? só contar coa tua compaña e axudar cunha aportazón anual que ti mesmo dispoñas. Xa está.

BE WAGNERIAN?
Yes of course /  Veña!!


VÍDEO BICENTENÁRIO WAGNER 2013




                                               
    SER WAGNERIANO

SER WAGNERIANO non é só gostar da música e poesia de Richard Wagner e discípulos.

Ser wagneriano é amar aos animais e natureza deste planeta.


Ser wagneriano é luitar pola Arte e Beleza en toda a sua dimensión en tanto que expresa sentimentos nobres.


Ser wagneriano é ter un sentido relixioso da vida e do home en todas as suas hierarquias.


Ser wagneriano é luitar e comprometer-se coa cultura ocidental para compreender a cultura universal.


Ser wagneriano significa opor-se a toda clase de dexenerazón do home, tanto física como espiritualmente.


Ser wagneriano é ter espírito aventureiro e valente contra o sentido burgués que hoxe nos envolve.


Ser wagneriano é admirar e respeitar aos grandes homes e mulleres a e as suas grandes obras.


Ser wagneriano é rexeitar o mundo actual e comprometer-se para facer un mundo mellor.

SER SÓCIO/A DA AWG

2023...SER SÓCIO/A DA ASOCIAZÓN WAGNERIANA DA GALIZA, UNHA AVENTURA SEN LÍMITES, ANIMA-TE E VERÁS... /  SER SOCIO/A DE LA ASOCIACIÓN WAGN...